CRTVG

Buscar

O Pacto de Toledo aproba as propostas para reformar as pensións

Publicado o 23/10/2020 20:08

Empezaron a discutir en 2016, e por fin os deputados que integran o Pacto de Toledo lograron acordar unha proposta para renovar o sistema de pensións. Son 22 recomendacións, entre elas, abandonar a revalorización do 0,25% aprobada polo Goberno Rajoy e volver ao antigo indicador do IPC anual.

O outro grande obxectivo é rematar co déficit da Seguridade Social en 2023. Para iso propoñen que as cotizacións dos traballadores sirvan unicamente para sufragar as pensións, e que outros gastos como as prestacións de paternidade ou os complementos que reciben certos colectivos, e que supoñen 23.000 millóns de euros anuais, se paguen con cargo aos impostos.

Tamén propoñen desincentivar as prexubilacións para que a idade real de retiro estea cada vez máis preto da legal. O documento someterase á votación do Congreso o vindeiro martes. Está previsto que todos os grupos o apoien ou, cando menos, se absteñan.

Noticias web

23/10/2020