CRTVG

Buscar

O Paco Paz servirá de apoio aos que loitan contra o coronavirus e transportistas

Publicado o 02/04/2020 19:13
O Paco Paz servirá de apoio aos que loitan contra o coronavirus e transportistas

En Ourense, o Pazo dos Deportes Paco Paz dará apoio a partir de mañá a transportistas e persoal esencial na loita contra a COVID-19. Os destinatarios son transportistas e membros das forzas e corpos de seguridade do Estado, Protección Civil e seguridade privada. Dende mañá ás 12 do mediodía e posteriormente de 6 da mañá ás once da noite, o recinto deportivo da Deputación ofreceralles servizos de aparcadoiro, duchas, zonas de descanso e servizo de comida, con bebidas frías e quentes e comida rápida.

Noticias web

02/04/2020