CRTVG

Buscar

O paciente 0 da área de Vigo sae do hospital rodeado dos aplausos do persoal que o tratou

Publicado o 02/04/2020 14:40

Hoxe puidemos falar con dúas persoas que venceron o coronavirus e que, desde as súas casas, comparten connosco unha mensaxe de optimismo e as emocións que sentiron durante a enfermidade.

Un deles é a quen vemos nestas imaxes gravadas no intre en que abandonaba o hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo despois de recibir a alta médica. Os sanitarios que o atenderon despedírono con este aplauso tan emocionado. Trátase do veciño de Moaña que foi o primeiro paciente de COVID-19 na área de Vigo.

 

Noticias web

02/04/2020