CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía

O Oviedo - Rácing completarase hoxe

Publicado o 16/01/2014 15:17



Esta tarde temos fútbol na 2ª B. Oviedo e Rácing de Ferrol retoman o partido que se suspendera o pasado 1 de decembro no Carlos Tartiere. O colexiado detivera o partido no descanso, por culpa dese petardo que estoupou no túnel de vestiarios. O Rácing ten 45 minutos para tentar remontar un gol en contra. Os asturianos xogarán cun home menos e sen público na bancada.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí