CRTVG

Buscar

O Oviedo mailo Lugo prevén un partido igualado

Publicado o 24/08/2019 14:26

O Oviedo mailo Lugo volven enfrontarse vintecinco días despois de facelo na pretemporada.

Foi nun partido que rematou con empate a un e no que os lucenses impuxéronse por penaltis.

Para Eloi Jiménez, o encontro preséntase tan igualado coma o disputado en Foz.

Eloi Jiménez. Adestrador do C. D. Lugo. "Xa nos coñecemos os dous equipos moi ben da pretemporada, e pequenos detalles poden decantar o partido; partido entre dous equipos que dominan a estratexia e que vai ser moi igualado, creo".

Nesta xornada, os dous técnicos buscan unha melloría nos seus equipos respecto á semana pasada na que o Lugo empatou co Estremadura....

Eloi Jiménez. Adestrador do C. D. Lugo. "Faltounos o manexo de balón no momento no que eles nos presionaron, faltounos montarnos máis de tres, de facer ataques máis longos e sobre todo ter un pouco máis de pausa nos tramos finais".

E na que o Oviedo de Sergio Egea perdeu ante o Deportivo no último minuto.

Sergio Egea. Adestrador do Real Oviedo. "Se ti non estás con todo posto, con toda a concentración, con todas as gañas de gañar e de agradar ao teu público, pásalo mal".

O Lugo viaxou a Oviedo con dúas novidades importantes na súa convocatoria. A última fichaxe Alex López e o camerunés Leuko, once meses despois da súa lesión.
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

24/08/2019