CRTVG

Buscar

O outono entrará este martes con baixada de temperaturas

Publicado o 21/09/2020 20:33

Loce o sol e a temperatura convida mesmo a bañarse, pero a realidade lémbranos que xa temos un pé no outono.

Un sol que regresou para despedir o verán porque, por moito que a algúns lles pese, este martes cambiamos de estación.

Uns cambios que nos traerán ceos máis nubrados e posibilidades de chuvascos aínda que non demasiada agua. O que máis imos notar...

Un aire frío que nos deixará máximas por debaixo dos 20 graos en boa parte de Galicia con vistas ao venres.

E non haberá que agardar moito para iso porque a partir do sábado regresará o sol e o tempo seco.

Noticias web

21/09/2020