O Ourense métese nos cuartos da Copa logo de derrotar o Poio nos penaltis
Publicado o 04/01/2021 22:32
O Ourense Envialia clasificouse para os cuartos de final da Copa da Raíña logo de impoñerse na quenda de penaltis ao Poio Pescamar, que exercía de anfitrión.
O tempo regulamentario acabou con empate a tres. Unha ex de Poio, Iria Saeta, adiantou a Envialia pero empatou Dani Sousa. Xa no segundo tempo Iraia Arbeloa adiantou ao conxunto pontevedrés, pero a que fora capitá do Poio Jenny Lores puxo o 2-2. Ana Rivera marcou o 3-2 pero no último minuto Iria Saeta conseguiu empatar e levou o partido á prórroga.
No tempo suplementario non houbo goles e a eliminatoria decidiuse na quenda de penaltis. De novo foi Jenny Lores a que decidiu co último penalti que meteu o seu equipo na eliminatoria de cuartos de final.
Máis sobre actualidade
24/01/2021 14:58
24/01/2021 14:13