CRTVG

Buscar

O Ourense Envialia gaña o derbi diante do Cidade das Burgas (1-3)

Publicado o 12/12/2020 19:03

O Ourense Envialia impúxose no derbi da Liga de Fútbol Sala Feminino por 1-3 diante do Cidade das Burgas.

A protagonista do encontro foi a cántabra Laura Uña con dous goles. O 0-1 marcouno a ex do Cidade Iria Saeta, asinada esta temporada polo Ourense logo dun par de temporadas en Poio. Uña aumentou a diferenza no segundo tempo, pero Clara Fernández recortou diferenzas aos poucos e mantivo o seu equipo no partido. O terceiro gol de Laura Uña xa resultou definitivo. 

Noticias web

12/12/2020