CRTVG

Buscar

O Ourense C. F. cae eliminado na prórroga ante o Leganés

Publicado o 16/12/2020 09:37

Ata o último momento resistiu o Ourense Club de Fútbol coa portería a cero ante todo un aspirante a retornar á primeira como é o Leganés. Pero non puido ser. No minuto 101 da prórroga Sergio remata un saque de esquina botado por Kevin Bua e anota o gol que lles dá aos madrileños o pase á seguinte rolda.

Os locais protestaron moito a vermella directa que o árbtro amosou a Wadir no minuto 54 por unha entrada sobre Rosales, que condicionou o resto do partido ao deixar o Ourense con 10.

Noticias web

16/12/2020