CRTVG

Buscar

O ourensán Cote Iglesias dirixe unha das cinco Barça Academy que hai na China

Publicado o 04/05/2020 16:57

Isto é Chengdu, provincia de Sichuan e a mil quilómetros de Wuhan, a zona cero da pandemia do coronavirus que agora ten ao galego José Luis Iglesias varado en Ourense moi lonxe da academia do Barça que dirixe na China.

Cote Iglesias, director da Barça Academy en ChengduLeva tres confinamentos en catro meses

Iglesias, Cote para os amigos e para quen o coñeceu como futbolista de a pé até os 22 anos, emprendeu esta aventura asiática da man do Fútbol Club Barcelona nunha paradoxal trazada inversa que leva unha fábrica de fútbol ao polígono industrial do mundo.

Cote Iglesias dirixe unha das cinco sedes que a Barça Academy ten funcionando na China. Alí, no xigante asiático, o técnico galego desenvolve unha actividade que, tras a parada da pandemia, podería recuperar xa dende esta mesma semana o pulso.

Noticias web

04/05/2020