CRTVG

Buscar

O Osasuna e o Granada festexaron os seus ascensos

Publicado o 09/06/2019 15:40

O Cádiz finalizou a temporada con derrota en Xixón

O Osasuna non se cansa de celebrar o éxito nunha temporada incrible. Recolleu dioante dos seus a Copa que o recoñece como campión da Segunda División. O ascenso xa estaba conseguido hai semanas pero os navarros quixeron pechar o exercicio ao grande, coa decimosétima vitoria seguida no Sadar. De feito, non perderon na casa en toda a temporada e son o mellor equipo como local na historia da competición. Un gol de Xisco asegurou a última vitoria diante dun Oviedo que tiña opcións de entrar na fase de ascenso, pero cunhas condicionantes que estiveron ben lonxe de producirse.

Precisamente o martes ascendía matematicamente o Granada e no peche da temporada puido celebralo diante dos seus afeccionados. O Granada regresa á primeira división dous anos despois e festexouno do mellor xeito, gañando, neste caso diante do Alcorcón. Marcou o 1-0 o ex do Lugo Bernardo Cruz. O segundo levou a sinatura de Nico Aguirre. Borja Galán, xa no segundo tempo, recurtou para un Alcorcón ao que se lle fixo eterna a temporada.

Tamén foi un final demasiado longo para o Cádiz, castigado animicamente pola decisiva derrota do martes diante do Estremadura. Ao non fallar o Deportivo, o seu partido diante do Sporting converteuse nun trámite. Os amarelos claudicaron ben cedo. Aos 15 minutos marcou Nacho Méndez para os sportinguistas o tanto da vitoria.

Noticias web

09/06/2019

Máis sobre Deportes

Granada 1 - 2 Real Madrid
13/07/2020 23:56
Elxe 2 - 0 Albacete
13/07/2020 23:48
Alcorcón 0 - 0 Tenerife
13/07/2020 23:47
Sporting 2 - 1 Málaga
13/07/2020 22:07
Almería 3 - 2 Raio
13/07/2020 22:03