CRTVG

Buscar

O operativo de busca do desaparecido da Estrada traballa contra o reloxo a piques de cumprirse 72 horas

Publicado o 20/08/2019 13:46

O operativo de busca de José Ángel, o home de 44 anos que falta do seu domicilio de San Xurxo de Vea na Estrada dende o sábado traballa contra o reloxo para dar co seu paradoiro. A piques de cumprirse 72 horas da súa desaparición a busca céntrase nas zonas de Sobrado, A Ponte Ulla e Gundián, nas proximidades do lugar onde un amigo o viu o domingo pola mañá. Os que o coñecen aseguran que levaba uns días desorientado, de feito o venres xa tiveron que ir buscalo de madrugada

María Manuela Miguén, nai do desaparecido, dixo que o venres atopárono e volveu á casa e confirmou que levaba uns días en que dicía que non se atopaba ben.

Pola súa banda María Dolores Carballeda, veciña de José Ángel, pide que se alguén o ve que se abran a el, que o entreteñan e que chamen ao 112.

O equipo da Garda Civil que está á fronte do operativo búscao en vivendas abandonadas e en zonas boscosas dos arredores coa axuda de axentes do Seprona, da Policía Local da Estrada e de Protección Civil.
Nos labores de rastrexo tamén colaboran veciños e amigos de José Ángel que patrullan sen descanso para intentar dar co seu paradoiro.

María Dolores Carballeda, veciña do desaparecido, di que están desesperados porque non teñen noticias. As últimas información que lles chegaron, ainda por confirmar, é que o viron na zona da Ulla onte pola tarde e hoxe mesmo nas proximidades do campo da festa de San Campio polo que pensan que pode ir de vota para a casa. 

A Axencia Galega de Emerxencias pide a colaboración cidadá para dar con José Ángel. Calquera dato que teñan, deben poñerse en contacto co 112. No momento da desaparición vestía un suadoiro gris, pantalón vaqueiro azul e zapatillas deportivas.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

20/08/2019