CRTVG

Buscar

O operador británico TUI adía as viaxes a España ata o 17 de agosto

Publicado o 31/07/2020 16:25

O operador turístico TUI anunciou hoxe venres a suspensión dos seus programas de vacacións en España, ata o 17 de agosto. Mentres tanto, a suspensión de viaxes ás Baleares e ás Canarias só se prolonga ata o 10 de agosto.

A corentena obrigatoria imposta polo Goberno británico ao regreso dos turistas procedentes de España é o factor determinante de que se adíen as viaxes á Península Ibérica.

Pola contra, o operador TUI aumenta os paquetes de vacacións ás illas do Mediterráneo, a Grecia e a Turquía.

Noticias web

31/07/2020