CRTVG

Buscar

O Open Arms evacuou varios migrantes de madrugada por urxencias médicas

Publicado o 16/08/2019 09:16

 • España acollerá parte dos inmigrantes rescatados

O PP acusa a Pedro Sánchez de demagoxia neste caso

Esta noite o Open Arms evacuou varios migrantes, por complicacións médicas urxentes. O barco xa está fronte á costa de Lampedusa pero continúan sen poder desembarcar as outras 147 persoas que teñen a bordo. Comeza a xestarse unha repartición entre distintos paises de Europa.

O Open Arms evacuou xa cinco persoas máis por motivos psicolóxicos. Agora o barco está fondeado a menos dunha milla do porto de Lampedusa e segue sen ter autorización para o desembarco do resto de migrantes.

 O ministro do Interior, Matteo Salvini, asinou un novo decreto prohíbindoo. Os seus colegas de Defensa e Transporte, do Movemento 5 Estrelas, negáronse a asinalo. A pertinacia de Salvini mereceu o reproche do propio primeiro ministro Conte, que a través das redes sociais chamouno desleal.

Mateo Salvini Ministro do Interior de Italia "Cando o presidente do Consello me reprocha a obsesión coa inmigración e o peche de portos, si, confésome culpable de obsesión pola seguridade dos cidadáns italianos e da obsesión da loita contra os traficantes de seres humanos e as ONG que son cómplices dos traficantes de seres humanos"

E nesta defensa da súa posición, o ministro do interior italiano reafirmarse en que o conflito co barco humanitario de bandeira española é un ataque político.
"Tiveron tempo para ir e volver de España tres veces"

España ofreceuse a acoller parte dos 147 migrantes a bordo. O goberno participa no sistema de repartición que coordina a Comisión Europea. Ademais do noso país, polo de agora tamén están Francia, Alemaña, Portugal, Rumanía e Luxemburgo.

Ricardo Gatti Xefe de misión de Open Arms en Italia "Celebrarémolo cando o vexamos que se cumpre porque vimos unha inacción durante 14 días, vimos ataques por parte de membros do Goberno español, e non só español, e entón, sinceramente, non nos fiamos moito"

Dende UNICEF cualifican de intolerable que a disputa política se antepoña a salvar as vidas de nenas e nenos: entre o Open Arms e o Ocean Viking suman 130 menores a bordo. O fondo da ONU para infancia subliña a necesidade de mellorar os sistemas de procura e rescate no Mediterráneo.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

16/08/2019