CRTVG

Buscar

O Open Arms, con 121 inmigrantes a bordo, pide urxentemente un porto seguro

Publicado o 09/08/2019 16:37

Despois de sete días con 121 migrantes a bordo, o Open Arms pide urxentemente un porto seguro. Reclama a España, Francia e Alemaña que desbloqueen o seu desembarco facendo a petición á Comisión Europea, o que permitiría o desembarco en calquera porto do territorio da Unión.

A Comisión asegura que de momento non recibiu ningunha demanda. A bordo din que só quedan víveres para dous días e que a canseira é cada vez maior: "Canto máis pasa o tempo máis complicado se fai explicarlles porque non poden desembarcar, explicarlles porque non poden ser levados a un porto seguro onde a súa vida non corra perigo. Co paso do tempo as situacións de ansiedades, de nerviosismo van aumentando e non queremos que chegue o punto en que haxa unha situación que non poidamos controlar".

Noticias web

09/08/2019