CRTVG

Buscar

O Open Arms agarda a hora do desembarco fondeado fronte a Lampedusa

Publicado o 15/08/2019 17:05

O Open Arms xa está fondeado na illa de Lampedusa. O Open Arms, con 147 migrantes a bordo fondea xa en augas italianas preto da illa de Lampedusa agardando permiso para acceder a porto, algo que lle impediron esta mañá os gardacostas italianos. Desde a ONG confían en poder desembarcar nas próximas horas, a situación complícase no barco logo de 14 días a bordo

Ricardo Gatti / Xefe de misión do Open Arms: "Esperemos, confiamos, é a obrigación, informamos ás autoridades da situación de emerxencia das persoas a bordo que están moi mal. E preparamos todo tipo de documentación médico psicolóxica e evidentemente se trata da salvagarda da saúde e vida das persoas."

A xustiza italiana autorizou o desembarco por razóns humanitarias cancelando cautelarmente a prohibición dictada polo ministro do interior italiano, Mateo Salvini. O desembarco en Italia abreu unha fenda no goberno italiano de coalición entre Salvini e a ministra de Defensa, que se negou a asinar o novo veto proposto por Salvini que prohibía a atracada malia a decisión xudicial.

Nas últimas horas, o goberno español cambiou a súa postura e finalmente asumirá unha parte dos migrantes do Open Arms participando así no modelo de reparto coordinado por Bruxelas no que tamén entran Alemaña e Francia e outros países da Unión Europea.

Noticias web

15/08/2019