CRTVG

Buscar

O olfacto dos cans, posible ferramenta na loita contra a pandemia da covid-19

Publicado o 23/10/2020 22:22

Como adestrador canino José Luis está a participar nun proxecto para a detección da covid-19 con cans. Un proxecto do que, segundo di, polo de agora non pode desvelar detalles. Leva varios meses traballando con catro animais.

A capacidade olfativa do can é 1.000 veces superior á humana. Desde o punto da bioloxía, o can non detecta o cheiro do virus senón dos seus efectos no corpo humano a través de fluidos como a suor.

E pode detectalas varios días antes de que a persoa presente síntoma algún. Da aí que estes animais poidan ser unha ferramenta para combater a pandemia xunto a outras como as probas PCR.

Varios países xa están adestrando cans para detectar casos covid. En Filandia mesmo están a facer probas no aeroporto de Helsinki. Pero tamén hai voces críticas con estes adestramentos fronte as que desde este centro veterinario defenden que non hai contacto do animal co virus.

Noticias web

23/10/2020