CRTVG

Buscar

O 'okupa' de Boiro abandona a casa voluntariamente

Publicado o 24/03/2021 14:33

Hai menos de 24 horas que Manuel Maldonado, o fillo dos propietarios dun inmoble ocupado en Boiro, recibía as chaves da vivenda de mans da Garda Civil de Boiro.

"Dixeron que a persoa que estaba na vivenda despositara as chaves no cuartel e que tiña que pasar por ali a recollelas", relata.

O inquilino, un veciño da vila que a principios de mes entrara a vivir ilegalmente na casa, marchou este martes pola súa propia vontade ante a inminente intervención dunha empresa de desaloxos que finalmente non tivo que actuar.

"O día que entregou as chaves ía iniciarse o control de acceso á vivenda. A empresa xa estivera a facer un pequeno seguemento. Cando saía de casa, onde ía, se vivía só ou se había máis dunha persoa. E xusto o dia en que se ía iniciar a actuación entrgou as chaves na Garda Civil", asegura Manuel.

Pensa que o ocupante decidiu marchar pola presión veciñal, dos medios de comunicación e ante a inminente intervención da empresa de desaloxos. O primeiro que fixo tras recuperar as chaves foi instalar un sistema de alarma para evitar novos intentos de ocupación ilegal. 

Tras entrar na vivenda, Manuel comprobou que os desperfectos eran mínimos. Tiña medo a que houbera destrozos na vivenda pero para súa sorpresa o único que había roto era un cristal da ventana da cociña roto e o marco dunha porta tamén desmontado por intentar acceder aos cadros de subministración.

Os veciños celebraban a recuperación da vivenda, pero insisten en que o problema permanece a tan só uns metros da casa, onde hai ocupado ilegalmente un edificio enteiro.

Noticias web

24/03/2021