CRTVG

Buscar

Telexornal Serán

O oficialista Scioli pelexará pola presidencia da Arxentina nunha segunda volta na que o conservador Macri parte agora como favorito

Publicado o 26/10/2015 21:32

A Arxentina terá que agardar ata o vindeiro 22 de novembro para decidir quen será o seu novo presidente. A escasa vitoria por dous puntos e medio do candidato oficialista Daniel Scioli supón un golpe histórico ao peronismo oficialista e postula o conservador Mauricio Macri máis preto de gañar na segunda volta.

Feito inédito na política presidencial arxentina. Por primeira vez na historia haberá segunda volta para escoller ó novo presidente da nación logo de que o escrutinio provisional deixara unha efímera diferenza de dous puntos e medio entre os candidatos con máis apoio: O oficialista Daniel Scioli, e o líder da coalición Cambiemos, Mauricio Macri.

Pese ós pronósticos, cun 34.33% dos sufraxios, Macri deu a sorpresa e loitará por aglutinar o voto antikirchnerista na cita electoral do vindeiro 22 de novembro.

CORTE 1: Mauricio Macri - Candidato Fronte Cambiemos
"Decirles a los que votaron a Sergio Massa, a Adolfo Rodríguez Saa, Margarita Stolbizer, a Nicolás del Caño y a muchos que hayan votado a Daniel Scioli, que estamos acá para representarlos".

O triunfo de Scioli cun 36.86% dos votos sabe a derrota nas filas do peronismo oficialista.

CORTE 2: Daniel Scioli - Candidato Cambiemos
"La palabra cambio puede ser muy atractiva pero siento que también tenemos una discusión profunda, qué tipo de cambio queremos los argentinos".

Scioli xa deixou aberta a porta a un debate con Macri daquí ós próximos comicios.


Agora comeza unha carreira de fondo para a que será a batalla electoral definitiva pola Casa Rosada.
Os partidos chegan desgastados e terán que reformular de cheo as súas respectivas campañas se queren convencer á cidadanía.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Telexornal Serán

26/10/2015