CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía FDS

O oficialismo e o kirchnerismo miden forzas nas eleccións lexislativas da Arxentina

Publicado o 22/10/2017 14:56
A Arxentina celebra hoxe unhas eleccións lexislativas para escoller ós novos deputados e senadores do país. Uns comicios que moitos interprestan coma un pulso entre Mauricio Macri e Cristina Fernández de Kirchner.


Aquí na Arxentina hai escasos minutos que abriron os colexios electoráis nos que máis de 33 millóns de persoas exercerán o seu dereito ó voto para renovar á metade da Cámara de Deputados e a un terzo do Senado.

Están dandas tódalas condicións para que a xornada transcurra sen incidentes segundo as autoridades electorais, pero o certo é que é notable o reforzo da seguridade nestes comicios.

Máis de 100.000 efectivos de seguridade velarán polo correcto transcorrer destas Eleccións Lexislativas. Un reforzo que chega despois das numerosas ameazas de bomba que están a sacudir ós colexios do país.


"Establecemos novos protocolos aumentando aínda máis os niveis de seguridade para os distintos locais de comicio que, virtualmente, poderían estar afectados por estas ameazas".

Tódolos recaudos son poucos para unhas elección de medio termo que serán decisivas á hora de determinar a capacidade de negociación do Goberno cos demáis bloques e impulsar a súa axenda lexislativa.

As sondaxes apuntan ó triunfo do oficialismo, que ve estas eleccións como a consolidación do seu proxecto político.

A gran dúbida é o que ocorrerá na provincia de Bos Aires, principal distrito electoral do país e onde a expresidenta, Cristina Fernández de Kirchner, que se postula para senadora.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí