CRTVG

Buscar

O Oceanográfico de Vigo teme perder a súa capacidade de asesoramento

Publicado o 23/07/2020 15:04

Máis de 120 profesionais traballan no centro de Vigo no Instituto Español de Oceanografía. Ademais da investigación pura, unha das súas misións fundamentais é dar asesoramento ás administracións sobre a situación dos caladoiros e dos bancos pesqueiros. Parte da súa identidade que temen perder se se integran dentro da estructura do CSIC. O ministro de Ciencia e Innovación anuncioulles ese cambio a través dunha carta, pero a dirección deste centro lamenta que non se consensuase.

Dende o Instituto Español de Oceanografía recoñecen problemas de xestión, malia ter un remanente de 80 millóns de euros, pero piden unha solución que lles permita manter a súa independencia.

Noticias web

23/07/2020