CRTVG

Buscar

O Oceanográfico da Coruña abre as súas portas á cidade para compartir investigación

Publicado o 16/06/2018 21:27

Un día ao ano o Oceanográfico da Coruña abre as súas portas á cidade para compartir ciencia e investigación. A xornada está principalmente dirixida aos nenos, que poden ver de preto algunhas das especies atlánticas, descubrir o medio mariño a través do microscopio ou realizar experimentos coa axuda dos investigadores do centro. 

Algo máxico sucede cando os nenos traspasan as portas do Oceanográfico.(NENO)Visitando o centro descobren a riqueza que agochan os nosos mares e toman conciencia de que os humanos somos responsables do equilibrio do medio mariño.

Hai obradoiros de reciclaxe para transformar o lixo mariño en pequenas obras de arte e un acuario con algunhas das especies que habitan as nosas rías.

Os rapaces poden manexar robots submarinos teledirixidos, descubrir a vida oceánica a través do microscopio e experimentar para comprender mellor o mundo que os rodea. A pesca eficiente e sostible e o estudo da contaminación mariña son algunhas das áreas de investigación que desenvolven no centro. O Oceanográfico da Coruña cumpre este ano cinco décadas de traballo, sempre avanzado no coñecemento do mar.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

16/06/2018