O océano artístico de Antón Patiño chega ao CGAC tras os dous meses de confinamento
Publicado o 27/05/2020 16:22
A mostra percorre décadas de traballo, dende a experimentación dos anos setenta ata as súas últimas pescudas artísticas.
Antón Patiño, un dos creadores do movemento Atlántica, que anovou a arte galega nos anos 80, convídanos a ollar o mar.
A exposición mostra tamén outros intereses do pintor nos eidos das letras, como a súa colaboración co grupo Rompente.
Unha proposta tinguida de signos e indicios que configuran un 'Caosmos', un neoloxismo do escritor James Joyce que une o caos e o cosmos.