CRTVG

Buscar

O Ocean Viking pide unha solución a Europa, leva 12 días de espera con 356 rescatados a bordo

Publicado o 22/08/2019 13:36

E mentres, a oenegué SOS Méditerranée pide unha solución rápida de Europa para desembarcar os 356 rescatados a bordo do Ocean Viking.
Sos Méditerranée comparte con Médicos Sen Fronteiras a xestión do barco humanitario que leva doce días no canal de Sicilia á espera de porto para poñer en terra segura as persoas recollidas no mar en catro operacións de rescate.
Din que non están a recibir subministración no barco e que están racionando ao máximo o que teñen. Desde a ONG advirten de que o simple feito de ter tanta xente a bordo e de tan diversas procedencias e culturas xa é unha crise, polo que urxen que lles sinalen un porto para desembarcalas.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

22/08/2019