CRTVG

Buscar

O Ocean Viking agarda un porto con 365 persoas a bordo, fronte ás costas de Malta

Publicado o 18/08/2019 14:50

Mentres, outro barco de rescate humanitario, o Ocean Viking agarda con 365 persoas fronte ás costas de Malta e Italia un porto seguro para desembarcar.


O buque de Médicos Sen Fronteiras e SOS Mediterráneo alerta da situación dos máis de cen menores que levan a bordo. Aseguran que "non hai de momento ningunha emerxencia médica que requira unha evacuación urxente" pero advirten do estado dos 92 nenos que están sos, sen un adulto de referencia. Lembran que "permaneceron varios días no bote sen auga e sen comida" e que proceden de Libia onde "viviron experiencias horribles".

Noticias web

18/08/2019