CRTVG

Buscar

O Observatorio Galego para a Enerxía Eólica Mariña aposta pola transparencia e a participación

Publicado o 28/07/2021 20:33

A Xunta segue a traballar para avaliar co sector pesqueiro e industrial os plans de ordenación do espazo marítimo para o desenvolvemento da enerxía eólica mariña.

O conselleiro de Economía, Francisco Conde, e a do Mar, Rosa Quintana, participaron dunha nova reunión do Pleno do Observatorio creado para identificar as oportunidades e analizar o impacto que suporía a instalación destes parques nas costas galegas.

Antes de presentar as súas alegacións e propostas, o Goberno galego mantén a súa posición de integrar obxectivos ecolóxicos, económicos e sociais en calquera destes proxectos.

Noticias web

28/07/2021