CRTVG

Buscar

O Observatorio Cetelem estima que o gasto dos galegos este verán sobe en relación ao ano pasado

Publicado o 27/06/2019 21:45

Chega o verán e, xa se sabe, hai irresistibles que non se lles resisten aos máis dos galegos. Ben poderían ser a praia e os xeados, quizais por ir na súa procura hai unha opción que gaña por goleada: viaxar. Viaxar tanto dentro como fóra do país.

Renderse ante a festa e o ocio lévanos a colocar estas opcións nun merecidísimo segundo lugar. Segundo un estudo do Observatorio Cetelem o gasto nas vacacións dos galegos sobe dun ano a outro. Tamén dun ano ao outro repítense algunhas opcións para este tempo estival.

No parque, na praia ou doutro lado do planeta, está claro que no verán os galegos gustan de investir ben os seus cartos.
















 

Noticias web

27/06/2019