O Obradoiro vai xogar a categoría na última xornada
Publicado o 20/05/2019 16:55
O Obradoiro finalizará a liga co Barcelona no Sar. Válelle o triunfo para manterse, tamén que Estudiantes e Guispúscoa perdan. Co Estudiantes caeu pola actuación estelar de Brizuela nos últimos minutos. Brizuela anotou os nove puntos finais do Estudiantes. Antes Gentile iniciara o camiño con vinte e sete puntos. No Obradoiro, insuficiente a tarxeta de Broziansky con vinte e cinco.