CRTVG

Buscar

O Obradoiro tivo o tiro da vitoria pero caeu en Fuenlabrada

Publicado o 03/04/2021 21:14

E na liga ACB, o Obradoiro acaba de caer en Fuenlabrada nun partido cun final agónico
Comezaron moi ben os de Moncho Fernández no primeiro cuarto pero os locais conseguiron empatar no descanso. Non saíu ben o Obradoiro na reanudación e o Fuenlabrada colleu 13 puntos de vantaxe ao comezo do derradeiro período. Chegou aí a reacción galega, que se puxo 80-82 a 27 segundos e posesión. Perderon o balón, recuperou Trimble que meteu canastra e sacou o adicional. 83-82. Ozmirak tivo o lanzamento final pero errou a tripla da vitoria. O único bo é que salvaron a diferenza de puntos ante un rival directo pola permanencia: O Obradoiro gañara por 19 no Sar

Noticias web

03/04/2021