CRTVG

Buscar

O Obradoiro suma dous de dous na Liga Endesa tras vencer en Manresa (76-80)

Publicado o 24/09/2020 21:50

O Obradoiro gañou na pista de Manresa por 4 puntos de diferenza (76 a 80). Nas dúas primeiras xornadas de liga, dúas vitorias para o equipo de Moncho Fernández, que mantén o liderado provisional da liga ACB xunto a Tenerife.

No aspecto ofensivo, 15 puntos para Beliauskas, 14 para Birutis e Robertson e 11 para Mike Daum. O partido mantívose igualado ata o final. Ao descanso, o Obradoiro gañaba por 2 puntos: 39 a 41. Sempre levou a iniciativa a Obradoiro no marcador e acabou logrando o triunfo neste Nou Congost.

O Domingo o Obradoiro volve xogar en Sar, recibe o Betis na procura do terceiro triunfo consecutivo.

 

Noticias web

24/09/2020