CRTVG

Buscar

O Obradoiro sorprende o Valencia Basket cun último cuarto soñado (87-94)

Publicado o 09/02/2019 19:56
O Obradoiro sorprende o Valencia Basket cun último cuarto soñado (87-94)

Gran triunfo dos santiagueses na Fonteta por 87-94 grazas a un último cuarto colosal en que David Navarro colleu o mando do encontro. Era a novena vitoria da temporada. Ademais, nunca gañara na Fonteta en ACB. Xunto con Navarro, Vasileiadis e Brodziansky estiveron soberbios con 43 puntos entre os dous. Ademais, o Obra está cada vez máis seguro e só perdeu tres balóns. Foi un paso de xigante cara á salvación.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí