O Obradoiro segue cos problemas físicos antes de recibir o Madrid
Publicado o 22/03/2021 21:34
O posto de base no Obradoiro semella estar maldito. Non gaña para disgustos o club santiagués. Pepe Pozas, xa non volverá nesta tempada. E Ozmirak non puido terminar o partido ante o Unicaja debido aos problemas no nocello.
Albert Oliver, que cumpriu con boa nota o cometido, arrastra molestias, tamén Álvaro Muñoz que está botando unha man nesa posición. Rafa García aínda non volveu. E saiban que Koniaris, que só estivo 15 días en Santiago, mancou o xeonllo esta xornada no seu novo equipo. E mañá chega o Real Madrid, que só perdeu un partido de liga.