O Obradoiro réndese á superioridade de Primoz Roglic
Publicado o 05/09/2021 20:40
Primoz Rogic é o ciclista que está a marcar unha era na Vuelta. Nesta edición de 2021, con final na Praza do Obradoiro, o esloveno logrou o seu terceiro triunfo consecutivo, ao que engadiu catro etapas. Na contrarreloxo mesmo dobrou a Enric Mas, o seu gran rival polo triunfo, demostrando unha superioridade manifesta.