CRTVG

Buscar

O Obradoiro remonta e logra un triunfo vital

Publicado o 10/04/2021 22:05

No baloncesto, o Obradoiro acadou esta tarde un triunfo importantísimo con vistas á salvación. Foi nun partido contra o Manresa que se complicou no primeiro cuarto, cunha desvantaxe de arredor de dez puntos que se mantivo ata o último parcial. Alí os santiagueses comezaron cun parcial de 11-0, para chegar a uns minutos finais nos que estiveron máis atinados, cun acerto renovado nas triplas, e un rexistro de 21 de 23 nos tiros libres. Tres últimos de Robertson selaron o 90-87, aínda que o Manresa tivo a última opción, que non entrou.

Noticias web

10/04/2021