CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía

O Obradoiro recibe en Sar o Joventut

Publicado o 06/10/2017 15:26

Baloncesto. Mañá volve a liga ACB para o Obradoiro. Os de Moncho Fernández volven ao Multiusos do Sar para enfrontarse ao Joventut. Despois de ofrecer unha boa imaxe na Fonteta, o Obradoiro buscará ante os seus a segunda vitoria da temporada.

Malia estar aínda ao inicio de liga, Moncho Fernández agarda un Joventut moi competitivo e ben traballado no que xa se nota a man do galego Diego Ocampo. Pero ademais dunha gran defensa, Moncho Fernández destacou o ataque vertical do Joventut. O Obradoiro tentará facer valer o factor cancha. Xa lle gañou á Penya no Sar nas dúas últimas temporadas.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí