CRTVG

Buscar

O Obradoiro recibe o Bilbao coa intención de deixar atrás a malleira de Zaragoza

Publicado o 03/10/2019 19:35

O Obradoiro recibe este sábado no Sar ao Bilbao con novidades no parte médico, Kravic, o mellor xogador dos santiagueses nos dous primeiros partidos levou un golpe no cuádriceps e non puido adestrarse pero Moncho Fernández agarda poder contar con el ante os vascos.

O Obradoiro quere volver ofrecer a súa mellor versión tras a derrota de máis de 30 puntos apañada ante o Zaragoza.

"Gustaríame que aprenderamos doutra forma pero espero que esta lección, por chamala dalgunha forma, tamén nos sirva para o futuro, para non volver cometer os mesmos erros", recoñece Moncho Fernández, técnico obradoirista.

O rival, un Bilbao Basket que sorprende neste inicio de temporada con dúas vitorias de mérito ante o Tenerife e o Valencia: "Como gañaron? Xogando moi ben tanto no aspecto ofensivo coma defensivo. Eu creo que é un equipo que ten moi claro que é o que fai, para quen o fai e como o fai", sinala Moncho.

Noticias web

03/10/2019