CRTVG

Buscar

O Obradoiro quere pechar o ano cun triunfo en Murcia

Publicado o 26/12/2020 12:53

Despois de darlle volta a unha serie de sete derrotas consecutivas coa vitoria da semana pasada ante Zaragoza, o Obradoiro viaxa esta xornada a Murcia disposto a pechar o ano cunha vitoria. Os de Moncho chegan coa importante baixa de Pozas, o seu mellor xogador en novembro, e conscientes das virtudes do rival que enfrontan.

O Murcia acaba de perder co Joventut entre semana. Non bastaron os 21 puntos de Frankamp. Con el e co rebote deberá ter especial coidado Obradoiro. Murcia conta cun triunfo máis que os galegos na táboa e conta tamén cun fantástico departamento creativo como nos amosou este Nadal.

O encontro, mañá, a partir das doce.


 

Noticias web

26/12/2020