CRTVG

Buscar

O Obradoiro queda ás portas de culminar unha gran remontada no derradeiro cuarto

Publicado o 11/01/2020 21:54

A tarde arrancou con máis problemas pra Obradoiro. Cerapovic e Spires viñan do hospital, de tratar un virus. Á vista de tanto contratempo, Moncho decidiu contar con Vasileiadis a pesares de non estaren totalmente recuperado.

A primeira parte do Obra foi frouxa, a peor da temporada no SAR. Dominada pola defensa de Burgos e o acerto anotador de Fitipaldo e McFadden. Ao descanso, 31-45 con 23 puntos da mencionada parella. O SAR bailaba ao son de Burgois.
Á volta, Moncho tirou do factor anímico e meteu a Vasileiadis. O grego acusou a doenza no cóbado, so anotou esa canastra, pero en defensa aportou. Aí mellorou Obradoiro que amáis encontrou a Brodzianski en ataque.

Os galegos gañaron este cuarto por un punto e entraron no último 13 abaixo. E aí chegou o mellor. Porque atrás Obradoiro seguiu a medrar e adiante xurdiron os novatos, Daun e Magee pra enchufar entre os dous 16 puntos e meter o Obra na pelexa. Este 2+1 de Daun a falta de catro segundos deulle a opción de empatar aos galegos, pero Daun fallou o adicional. Logo veu a falta a McFadden, dous tiros libros anotados pra poñer tres arriba a Burgos. E con catro segundos aí a tivo Obradoiro pro empate e isto foi o que suicedeu...

Un barullo de xogada e unha pena. O balón mandouno fóra Brodzianki e con el marchou un esforzo titánico. Obradoiro perdeu, 73 a 76.
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/01/2020