CRTVG

Buscar

O Obradoiro pon os ollos en Dejan Kravic para o posto de pivote

Publicado o 23/07/2019 21:53

O Obradoiro volverá ao traballo o próximo 12 de agosto e aínda debe fichar 2 xogadores interiores. Un deles debería ser Dejan Kravic. Pivote serbio-canadense de 28 anos e 2,13 de estatura. Un xogador resolutivo e intimidador na zona.

Kravic acaba de facer unha gran temporada coa Virtus de Bolonia, na lega italiana, cos que se proclamou campión da Champions League. Sería, sen dúbida, a fichaxe estrela do Obradoiro. Kravic promediou 11 puntos e case 6 rebotes de media por partido na Virtus. No Obradoiro recoñecen que a fichaxe está ben encamiñada. 

 

 

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

23/07/2019