CRTVG

Buscar

O Obradoiro perde na pista do Real Madrid (84-77)

Publicado o 20/10/2020 23:09
O Obradoiro perde na pista do Real Madrid (84-77)

O Obradoiro perdeu na pista do Real Madrid nun partido que pelexou ata o final e no que liderou o marcador durante boa parte do encontro. Con oito puntos de ventaxe para os santiagueses, o técnico Moncho Fernández foi expulsado no terceiro cuarto por unha dobre técnica que puido marcar o desenlace do encontro.

Entre os xogadores destacados do Obradoiro destacan os escoltas Robertson, que anotou 26 puntos, e Beliauskas, que fixo 15.