CRTVG

Buscar

O Obradoiro perde co Burgos e suma catro derrotas seguidas

Publicado o 22/11/2020 12:29

Moncho Fernández acompañaba o ritmo da música antes do partido, unha música que xa non soa tan ben para o seu equipo, lastrado polos problemas físicos. Ozmizrak viaxou a Turquía para tratar a súa lesión e Birutis só participou 14 minutos.

A visita do Burgos era incómoda, pois, sen o nome doutros, é un equipo asentado na elite da clasificación, con xa oito vitorias. O 10-2 de saída foi un espellismo. O partido axiña virou a decoración, cun Alex Renfroe que fixo estragos. 31 puntos e 34 de valoración deixan poucas dúbidas do seu partidazo no que tamén acompañou un ex, Dejan Kravic, con 14 puntos e 11 rebotes. O Obradoiro aguantou o primeiro tempo. No segundo, cambiou o conto.

E é que bagaxe ofensiva do Obradoiro nos segundos 20 minutos reduciuse a 28 puntos, con algunha acción para o deleite de Steven Enoch. Paseniñamente, as diferenzas fóronse estirando e os galegos afrontaron o último cuarto xa sen opcións de vitoria.

Noticias web

22/11/2020