CRTVG

Buscar

O Obradoiro perde co Betis o primeiro amigable da pretemporada

Publicado o 07/09/2019 13:26

O primeiro partido da temporada do Obradoiro arrancou co Miudiño... e cun guiño á historia, fronte a fronte os dous adestradores dos santiagueses na ACB. Moncho e Curro. E comezou tamén cun Obradoiro desatado. Por dentro con Kravic e Brodzianski. Por fóra con Magee. Obradoiro chegou a dispoñer de dez de vantaxe. E pechou o cuarto catro arriba.
O segundo foi outra historia. Porque o Betis mellorou e porque os desaxustes comezaron a lastrar a Obradoiro. E, a pesares da irrupción de Cerápovich, a Moncho comezaron a cambiarlle os xestos e a cara. Os andaluces marcharon cinco arriba ao descanso. 44-50.
Á volta, Obradoiro topou co desatino dos exteriores e buscou solución por dentro. Brodzianski acabou con 20 puntos e 19 de valoración. Pero o problema seguía a estar na defensa. O Betis aguantou o tirón e, con todo igualado, nos últimos inco minutos, acabou por levarse a vitoria. 92 a 97. Obradoiro loitará co Alba Berlín pola terceira praza no EncestaRías. Na súa estrea amosou que ten recursos e puntos, pero que atrás lle queda moito por traballar.
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

07/09/2019