CRTVG

Buscar

O Obradoiro mídese cun rival directo pola salvación

Publicado o 09/01/2019 20:20

O Obradoiro buscará a sétima vitoria da temporada na casa do Fuenlabrada, quen na última xornada caeu a postos de descenso. Os xogadores de Moncho Fernández apostan pola defensa e por un partido duro para poder gañar o encontro, e quen sabe xogar coa presión coa que poden verse os do Fuenlabrada de estar aí abaixo.

Albert Sàbat: "Empezar o partido duros, que non se encontren ben, que non encontren o seu ritmo. E se chegamos a un final axustado, por que non...".

Pero esa mesma presión tamén se pode volver en contra do Obra, porque de perder, e en función doutros resultados que se poidan dar, igual son os de Santiago os que acaban en postos de descenso. Pero no equipo cren que a temporada aínda vai dar moitas voltas.

 Albert Sàbat: "Despois deste partido veñen 18 máis, quedarán moitos máis, pero é verdade que a liga está moi igualada, moito máis ca en anos anteriores".

Noticias web

09/01/2019