CRTVG

Buscar

O Obradoiro gaña 76-80 en Manresa e segue invicto

Publicado o 25/09/2020 13:36

Foi un partido moi igualado no que o Obradoiro acabou levándose a vitoria grazas a un xogo coral, liderado novamente por Birutis. Unha vitoria de equipo versátil e rico en recursos, que se sobrepuxo aos erros e perdas, e lle permite manterse líder provisional da ACB.

Os santiagueses foron por diante prácticamente todo o encontro tras un inicio de gran acerto en ataque. Pero o Manresa nunca se rendeu e mantívose cerca no marcador. Apenas dous puntos os separaban ao descanso: 39-41

O Obradoiro recuperou sensacións no terceiro cuarto, activo e acertado no tiro. Ampliou a 8 a súa vantaxe ante un Manresa que tivo que recorrer ás triplas para non descolgarse pero acabou sufrindo nun final moi igualado.

Lección non exenta de padecemento. Cando faltaban 2 minutos, o Manresa lograba empatar a 73. Beliauskas, máximo anotador do partido con 15 puntos, asumiu a responsabilidade. E Pozas e Daum sentenciaron de tiro libre: 76-80, malia que Manresa, nun último intento á desesperada, errou dúas triplas no último ataque.

Noticias web

25/09/2020