CRTVG

Buscar

O Obradoiro ficha o sueco Chris Czerapowicz

Publicado o 20/07/2019 09:48
O Obradoiro ficha o sueco Chris Czerapowicz


E o Obradoiro en dous días conseguiu pechar o xogo exterior. O xoves fichaba a Álvaro Muñoz do Manresa e onte físxose cos servizos do o sueco Chris Czerapowicz. Ten 27 anos e mide 2,01. Procede da liga rusa, onde na última temporada fixo 10 puntos de media por partido. A súa porcentaxe de acerto en triplas supera o 40 por cento. É internacional por Suecia en todas as categorías. Czerapowicz xogou en Suecia, Polonia, Rusia e tamén coñece a Liga ACB tras militar en Andorra. O Obradoiro colle un tirador con capacidade reboteadora.
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

20/07/2019