CRTVG

Buscar

O Obradoiro estréase na liga ante o Barça no Sar

Publicado o 07/08/2019 20:21

Xa coñecemos o calendario da ACB para esta temporada. O Obradoiro debutará en liga na casa contra un reforzado Barcelona, o 27 de setembro. Apenas dúas semanas antes, os dous equipos vanse enfrontar tamén nun partido amigable de presentación. O Real Madrid virá a Santiago na quinta xornada, a mediados de outubro. Os de Moncho Fernández pecharán a temporada tamén na casa contra o Zaragoza.


 

Noticias web

07/08/2019