CRTVG

Buscar

O Obradoiro e o Breogán ultiman a festa do baloncesto galego

Publicado o 28/02/2019 17:52
O Obradoiro e o Breogán ultiman a festa do baloncesto galego

Dentro de dous días, festa da ACB no Sar. Obradoiro-Breogán, un carrusel de emocións. Para o derbi da ACB os adestradores de Breo e Obra teñen máis que estudado o rival. Horas e horas de vídeo, repaso do partido da ida, estatísticas avanzadas, adestramentos específicos buscando explotar as debilidades do contrario, pero o sábado cando o balón se lance ao aire no Sar, amais de todo iso desatarase a paixón polo baloncesto.

Natxo Lezkano, adestrador do Cafés Candeslas Breogán: "Eu creo que vai haber un ambiente moi bonito nas bancadas, é un deses partidos que a todos nos gusta ver e aos que estamos abaixo, xogar aos xogadores, e aos que non temos a sorte de ser xogadores, a outra cousa. Ilusionante tamén podería ser a palabra para definilo".

O Breo é o equipo que mellor rebotea da liga e iso, e moito máis, preocúpalle a Moncho Fernández. Os perigos do Obra, para Natxo Lezkano veñen polo xogo distinto que fai a outros equipos, con moito bloqueo indirecto e lanzamento exterior. Os dous chegan en bo momento. E aos afeccinados tócalles xogar outro encontro, antes, durante e seguro que tamén despois do partido.

Moncho Fernandez, adestrador do Monbus Obradoiro: "O día que non haxa pique entre Obra e Breo, malo para o baloncesto galego, é normal, vai implícito no deporte. Vai haber un ambiente fantástico, haberá rivalidade, haberá asubíos para uns e para outros, para os árbitros, para os xogadores, o normal, isto non é un concerto de música clásica".





 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

28/02/2019