CRTVG

Buscar

Baskonia decide o partido contra Obradoiro nun gran terceiro cuarto (83-69)

Publicado o 09/02/2020 16:18

O Obradoiro perdeu na pista de Baskonia logo de aguantar o tirón durante tres cuartos e deixar as súas opcións de triunfo nun terceiro cuarto no que os locais estiveron máis atinados. A primeira parte resultou moi igualada con empate (20-20) no primeiro cuarto e un segundo cuarto tamén parello no que Baskonia deu un arreón nos dous últimos minutos. Todo mudou á volta dos vestiarios cando os de Ivanovic colleron unha vantaxe de 10 puntos (56-46, m25) e lograron rachar o partido cunha máxima renta (68-52). 

Baskonia 83 (20+25+23+15) Christon 6, Janning 5, Shield 11, Shengelia 19, Eric 11 -cinco inicial- Miguel González, Diop 7, Sergi García 3, Fall 4, Stauskas 6, Zoran Dragic 7, Polonara 4.

Obradoiro 69 (20+19+13+17) Pozas 3, Magee 6, Czerapowicz 8, De Zeew, Kravic 20 -cinco inicial- Beliauskas, Brodziansky 14, Navarro, Font 5, Daum 13.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

09/02/2020