CRTVG

Buscar

A Revista

O obradoiro de gaitas Seivane gaña o Premio Nacional de Artesanía

Publicado o 26/03/2014 12:39



O obradoiro de gaitas Seivane acaba de ser recoñecido co Premio de Artesanía Nacional, o máximo galardón deste campo de ámbito nacional.
Estes premios convocados polo Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo son un recoñecemento institucional ás traxectorias e ás actuacións recoñecidas como excelentes e exemplares no campo da artesanía. E pretenden incentivar a innovación, o deseño e a capacidade de adaptación ao mercado das empresas artesás.
O obradorio expresou a súa gratitude polo recoñecemento ao empeño de varias xeracións por un oficio, ao afán de prestixiar unha profesión e un produto, que enraíza directamente no corazón cultural do país. Tamén quixo dedicarlle este premio ao patriarca da familia, Xosé Manuel Seivane, e compartilo con todos os gaiteiros e gaiteiras de Galicia.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

A Revista

26/03/2014