O Obradoiro conta con Robertson para o partido con Andorra
Publicado o 29/04/2021 20:55
A fase regular da liga ACB vaise prolongar máis aló do 16 de maio, pola afectación da covid nalgúns equipos. Non é o caso do Obradoiro, que este sábado, en Sar, recibe a Andorra. Partido clave para poder asinar a permanencia.
Andorra acaba de perder onte en Zaragoza e no Obradoiro, a gran novidade para o partido pode ser a presenza de Kassius Roberson. Sufriu unha rotura de fibras hai tres semanas pero as poucos vai adestrándose co equipo.